martes, 11 de noviembre de 2008

Festa do Magosto



Fai uns días a Festa do Magosto (festexada cada 11 de novembro, San Martiño de Tours, padroeiro da cidade das Burgas) foi declarada Festa de Interese Turístico na provincia de Ourense, de donde fai anos espallouse por toda Galicia. 

É a festa de exaltación da castaña, que leva asociados moitos elementos presentes en diversos ritos e tradicións da mihna estrañada terra galega. Neste día, a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca arrebataronlle nas lareiras galegas hai varios séculos. Nestes días rendeselle culto: é o Magosto.

Entre carreiriñas, berros, tonas de castaña, anacos de chourizo, charlas, contos, cantigas, pan de centeo e millo, empanadas, patacas asadas, augardente para a queimada, e grolos do primeiro viño tinto da colleita do ano, irá transcorrendo calma unha noite especial de troula na que é común tiznarse a cara uns ós outros cos restos da fogata, e saltala para que dea boa sorte.

O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honra-las colleitas, despois do equinoccio, e o comezo da temporada da matanza do porco. Un costume que nestes últimos anos se intenta recuperar.

Segundo crenzas antigas a castaña era como un símbolo da ánima dos defuntos. Tradicionalmente, outono, castaña e defuntos aparecen asociados na festa dos magostos. Enténdese que cada castaña comida é unha alma liberada do purgatorio. Dise tamén que despois da festa as almas viñan a quentarse nas brasas das fogueiras, polo que cumpría deixar algo de castañas para a parroquia dos mortos...

(Aings, qué morriña y cuántos recuerdos..., pero qué oxidado tengo el gallego, que ni copiando me apaño...)


No hay comentarios: